Vodas

Somos conscientes que estades dedicando moito tempo, ilusión e diñeiro a ese día tan especial.

Seguro que queredes sorprender aos vosos invitados cunha experiencia única e divertida. Buscades un agasallo orixinal.

Poida que vos pareza un extra caro a sumar a todos os gastos da voda pero vos aseguramos que será un éxito garantido e que o diñeiro que agora vedes como un gasto converterase nunha boa inversión cando pase ese día xenial.

Os vosos amigos, amigas, familia estarán encantados co recordo perfecto das fotos e vós non pararedes de rirvos vendo o albúm dedicado polos vosos invitados.

Pero para que iso sexa así vos facemos as seguintes recomendacións:

- Que as fotografías sexan nitidas e de gran calidade como as dunha cámara reflex. Non hai nada peor que unha foto borrosa, movida ou que pareza realizada cun móbil malo ou cunha webcam.

- O tamaño da foto debe ser o adecuado para que os invitados poidan enmarcar a foto máis especial do día, o 10x15 é moi sinxelo de atopar.

- Importantisimo que todos os invitados poidan ter copia de calquera foto que se fagan, moitas empresas limitan o nº de copias que se pode facer de cada foto. Ides poñer o postre a compartir entre dúas,tres ou máis convidados? Pois coas fotos o mesmo, aseguradevos que non haberá ningunha limitación de copias impresas, que todos gocen dese recordo.

- É imprescindible comezar o servizo durante o aperitivo. É o mellor momento. Os encontros e o achegamento que se produce entre amigos e familia nese intre é especial. Os invitados están guapisimos e existe unha gran complicidade entre eles e iso fai que todos, tanto os máis xovenes como os maiores, gozar facendo fotos bonitas na nosa furgo que seguro gardarán con agarimo e poderán enmarcar para lembrar ese día. As fotos do baile son divertidas, espontaneas, pero tamén tolas (ás veces moi tolas) e iso esta ben, pero non terás o mesmo recordo se o servizo comeza no baile. O feito de empezar no aperitivo ofréceche o recordo dese primeiro momento todos xuntos que vos aseguramos farase un oco no fogar de moitos amigos e familiares, e despois no baile terás outro tipo de fotos que recolleran momentos divertidos e especiais pero que ás veces quedan no caixon. Por iso e para que sexa unha boa inversion vos recomendamos comenzar o servizo no aperitivo.

Non o vistes en ningunha das vodas ás que fostes e non sabedes se vai funcionar durante o aperitivo?

Probade e veredes o éxito que resulta. Ademais trátase de atopar cousas diferentes para ese día, non?

Elixide unha empresa especializada unicamente neste servizo porque vai pór o foco nestes detalles. Hai moitas que o ofrecen dentro das moitas cousas diferentes que realizan (reportaxe fotos, DJ, animación infantil....), algunhas máis baratas, pero.... non creedes que alguen que coida todos os detalles, que esta centrado en exclusiva a que sexa un exito garantido vos vai dar a tranquilidade e cofianza que necesitades ese día?

 

Encantaríanos axudarvos a conseguir o mellor recordo dun día que para todos é inesquecible. Contactanos.