Opinións

"Todo un exitazo! Os invitados pasarono xenial. Non dubidedes en contratar Polaroidbus, será a mellor inversion da vosa voda!". Iria

"As fotos dentro da furgo son moi divertidas, a verdade é que foi un éxito poñela durante o aperitivo". Cristina

"Calidade e servizo de 10. Unha forma diferente e orixinal de sorprender aos invitados. Hai que destacar a amabilidade, simpatía e profesionalidade. Unha auténtica marabilla e super recomendado!". Marta

"Todo un acerto poder contar con PolaroidBus no noso gran día, o servizo foi impecable, as fotos teñen unha gran calidade e a atención tanto a nós como a todos os invitados, inmellorable. Todos os nosos invitados gozaron moitísimo do fotomatón, tanto nos aperitivos como durante o baile". Rocio

"Algo diferente. O trato inmellorable. Para nós e os nosos invitados todo un éxito. Recomendámolo ao 100% a todos os niveis". Kike

"Acerto total, tivo moito éxito entre os invitados e houbo momentos moi divertidos dentro e mesmo cola para entrar na furgo! A furgoneta estaba impecable e é preciosa, non é para nada o típico fotomatón, senón algo moito máis especial e atractivo". Mariña

"Contratar a furgoneta de Polaroidbus foi das mellores decisións que tomamos. David propúxonos facer unhas fotos un pouco máis formais durante os aperitivos e as máis tolas na furgoneta despois do banquete. Foi unha grandísima idea! O mellor é que todo está coidado até o último detalle". Judith

Simplemente excepcional, o toque máis orixinal da nosa voda, un recordo inesquecible con álbum e USB para rememoralo mil veces. Os nosos invitados encantados co detalle das fotos... Nunca o esqueceremos". Ana

"Un 10! Un dos mellores provedores cos que tratei para a organización da miña voda. Servizo excelente desde o primeiro momento, son uns verdadeiros profesionais". Montse