fotomatón VW T2 Galicia - polaroidbus

Nós

Polaroidbus PHOTOBOOTH & Co. nace co obxectivo de ofrecer un servizo de fotomatón especializado en fotografía instantánea.

A combinación de empatía, estilo e diversión definen PolaroidBus como unha proposta baseada na calidade do servizo, a imaxe fotográfica e o trato ao cliente.

Somos a primeira empresa en ofrecer este servizo no interior dunha VW T2 do ano 76, todo un imán que converterá ese momento nun recordo inesquecible.

Os nosos servizos ofrecémolos para todo tipo de eventos. A total personalización da copia impresa fai deste servizo unha ferramenta de marketing perfecta para as empresas. Nos eventos sociais regalar unha fotografía en tamaño standar 10x15 con calidade profesional converte o noso servizo nun recordo único.